Actualizacións de software
É posible que Nokia produza actualizacións de
software que ofrezan funcións novas, melloradas ou
un funcionamento mellorado. É posible solicitar estas
actualizacións mediante a aplicación de ordenador
Nokia Software Updater. É posible que as
actualizacións de software non estean dispoñibles
para tódolos produtos e as súas variantes. É posible
que non todos os operadores aproben ás últimas
versións de software dispoñibles.
Para actualizar o software do dispositivo, cómpre
dispoñer da aplicación Nokia Software Updater e dun
ordenador compatible co sistema operativo Microsoft
Windows 2000, XP ou Vista, acceso á Internet de banda
ancha e un cable de datos compatible para conectar o
dispositivo ó ordenador.
Aviso: Se instala unha actualización de
software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata
completar a instalación e reiniciar o dispositivo.
Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade dos
datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
O tamaño dunha actualización de software é de
aproximadamente 5 a 10 MB se emprega o seu
dispositivo e de 100 MB se emprega un ordenador.
A descarga e a instalación poden durar ata 20 minutos
co xestor de dispositivos e ata 30 minutos co Nokia
Software Updater.
Para obter máis información e descargar a aplicación
Nokia Software Updater, visite a
páxinawww.nokia.com/softwareupdate ou o seu sitio
web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións
de software, tamén poderá solicitar actualizacións
mediante o dispositivo.
O seu dispositivo pode procurar periodicamente as
actualizacións de software novas mediante Nokia
Software Checker. Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Verificador de SW
.
Suxestión: Para comprobar a versión de
software do seu dispositivo, insira *#0000# no
modo en espera.
17
Axud
a