Aumento da duración da
batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que
aumentan o consumo de enerxía e reducen a duración
da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en
conta o seguinte:
●
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth, ou
permitir que estas funcións se executen en segundo
plano mentres utiliza outras, aumenta o consumo
de enerxía da batería. Desactive o Bluetooth cando
non o necesite.
●
As funcións que utilizan a rede LAN sen fíos (WLAN),
ou permitir que estas funcións se executen en
segundo plano mentres utiliza outras, aumenta o
consumo de enerxía da batería. A WLAN do teléfono
Nokia apágase cando non tenta conectar, cando non
está conectada cun punto de acceso ou cando non
está buscando redes dispoñibles. Para reducir máis
o consumo da batería, pode especificar que o
dispositivo non busque redes dispoñibles en
segundo plano ou que o faga con menor
frecuencia.
Vexa "LAN sen fíos", p. 39.
Se
Buscar
redes
está axustado en
Nunca
, a icona de
dispoñibilidade de WLAN non se amosará no modo
en espera. Non obstante, aínda pode buscar
manualmente tódalas redes WLAN dispoñibles e
conectarse a redes WLAN como de costume.
●
Se axustou
Conexión paquetes datos
en
Se está
dispoñible
nos axustes de conexión e non existe
cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo
tenta establecer periodicamente unha conexión de
paquete de datos. Para aumentar a duración do
funcionamento do teléfono, seleccione
Conexión
paquetes datos
>
Se cómpre
.
●
A aplicación Mapas descarga nova información do
mapa cando vostede se despraza ata novas zonas
deste, o que aumenta o consumo de enerxía da
19
Axud
a
batería. É posible evitar a descarga automática de
novos mapas.
Vexa "Mapas", p. 58.
●
Se a potencia do sinal da rede móbil varía
considerablemente na súa zona, o dispositivo
buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto
aumenta o consumo da enerxía da batería.
Se se axusta o modo de rede en modo dual nos
axustes de rede, o dispositivo buscará a rede UMTS.
Para utilizar só a rede GSM, prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Teléfono
>
Rede
>
Modo de rede
>
GSM
.
●
A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da
enerxía da batería. Nos axustes da pantalla, é
posible cambiar o tempo de espera que desexa que
transcorra para que se apague a luz de fondo e
axustar o sensor de luz que observa as condicións
de iluminación e que axusta o brillo da pantalla.
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Personalización
>
Pantalla
e
Duración
luz
ou
Brillo
.
●
Deixar que as aplicacións se executen en segundo
plano aumenta o consumo de enerxía da batería.
Para pechar as aplicacións que non utiliza, manteña
premido , desprácese ata unha aplicación da lista
e prema C.
Se preme C non se pecha o reprodutor de música.
Para pechar o reprodutor de música, seleccióneo na
lista e
Opcións
>
Saír
.
●
Para activar o modo de aforro de enerxía, prema a
tecla de acendido e seleccione
Activar aforro de
enerxía
. Para desactivar o modo de aforro de
enerxía, prema a tecla de acendido e seleccione
Desactiv. aforro enerxía
. É posible que non poida
cambiar os axustes de certas aplicacións cando se
active o modo de aforro de enerxía.