Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
●
Código PIN (número de identificación
persoal) — Este código protexe a súa tarxeta SIM de
usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8 díxitos)
fornécese normalmente xunto coa tarxeta SIM. Se
insire o código PIN de xeito incorrecto tres veces
consecutivas, o código bloquearase e necesitará o
código PUK para desbloquealo.
●
Código UPIN — Este código pódese fornecer xunto
coa tarxeta USIM. A tarxeta USIM é unha versión
mellorada da tarxeta SIM e admítena os teléfonos
móbiles UMTS.
●
Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos)
fornécese xunto con algunhas tarxetas SIM e
requírese para acceder a algunhas funcións do
dispositivo.
●
Código de bloqueo (tamén chamado "código de
seguridade") — O código de bloqueo axúdalle a
protexer o dispositivo contra o uso non autorizado.
Pode crear e cambiar o código e axustar o
18
Axud
a
dispositivo para solicitar o código. Garde o código
novo nun lugar secreto e seguro lonxe do
dispositivo. Se esquece o código e o seu dispositivo
está bloqueado, o seu dispositivo requirirá
asistencia técnica e é posible que se apliquen tarifas
adicionais. Para obter máis información, póñase en
contacto cun centro de Nokia Care ou co distribuidor
do dispositivo.
●
Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e
PUK2 — Estes códigos (8 díxitos) requírense para
modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado,
respectivamente. Se os códigos non se fornecen coa
tarxeta SIM, póñase en contacto co operador ó que
pertence a tarxeta SIM inserida no teléfono.
●
Código UPUK — Este código (8 díxitos) requírese
para modificar un código UPIN bloqueado. Se o
código non se fornece coa tarxeta USIM, póñase en
contacto co operador ó que pertence a tarxeta USIM
inserida no teléfono.