Conexións de datos e puntos de
acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de
datos (servizo de rede), como GPRS, na rede GSM. Cando
se utiliza o dispositivo en redes GSM e UMTS, pode
haber varias conexións de datos activas ó mesmo
tempo e os puntos de acceso poden compartir unha
conexión de datos. Na rede UMTS, as conexións de
datos seguen activas durante as chamadas de voz.
Tamén pode usar unha conexión de datos WLAN.
Nunha conexión LAN só pode estar activa ó mesmo
tempo unha conexión, pero varias aplicacións poden
utilizar o mesmo punto de acceso á Internet.
Para establecer unha conexión de datos, requírese un
punto de acceso. É posible definir diferentes clases de
puntos de acceso, como os seguintes:
●
Punto de acceso de MMS para enviar e recibir
mensaxes multimedia
●
Punto de acceso á Internet (IAP) para enviar e recibir
correos electrónicos e conectarse á Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que necesita co
seu fornecedor de servizos para o servizo ó que desexa
acceder. Para consultar a dispoñibilidade e a
subscrición ós servizos de conexión de datos do
paquete, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.