Crear un punto de acceso novo
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Conexión
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha
mensaxe dun fornecedor de servizos. Algúns ou
tódolos puntos de acceso poden preestablecerse para
o dispositivo polo seu fornecedor de servizos e pode
que non sexa posible cambialos, crealos, editalos ou
eliminalos.
Cando abre un dos grupos de puntos de acceso ( ,
, , ), pode ver os tipos de puntos de acceso:
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
indica un punto de acceso WLAN
179
Axust
es
Suxestión: Pode crear puntos de acceso á
Internet nunha LAN sen fíos co asistente de
WLAN.
Para crear unha punto de acceso novo, seleccione
Novo punto de acceso
. O dispositivo solicita a
comprobación das conexións dispoñibles. Despois da
busca, as conexións que xa están dispoñibles
amósanse e poden ser compartidas por un punto de
acceso novo. Se ignora este paso, solicitaráselle que
seleccione un método de conexión e que defina os
axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, abra un
dos grupos de puntos de acceso, seleccione un punto
de acceso e
Editar
. Siga as instrucións do seu
fornecedor de servizos.
●
Nome da conexión
— Permite inserir un nome
para a conexión.
●
Portador de datos
— Seleccione o tipo de conexión
de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só
estarán dispoñibles determinados campos de axustes.
Encha tódolos campos marcados con
Cómpre definir
ou cun símbolo * vermello. É posible deixar en branco
outros campos, excepto se o fornecedor de servizos
indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o
fornecedor de servizos admita esta función e, se é
necesario, a active para a súa tarxeta SIM.