Axustes de personalización
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Personalización
.
Pode editar axustes relacionados coa pantalla, co
modo de espera e con funcións xerais do dispositivo.
A opción
Temas
permite cambiar o aspecto da
pantalla.
A opción
Ordes por voz
abre os axustes para a
aplicación Ordes por voz.
Vexa "Comandos de
voz", p. 167.
A opción
Tons
permite cambiar os tons do calendario,
do reloxo e do perfil activo nese momento.
Pantalla
●
Sensor de luz
— Desprácese á esquerda ou á
dereita para axustar o sensor de luz que observa as
condicións de iluminación e axusta o brillo da
pantalla. O sensor de luz pode causar que a pantalla
pestanexe con pouca luz.
●
Tamaño de fonte
— Axuste o tamaño do texto e
das iconas da pantalla.
●
T. espera aforro enerxía
— Seleccione o tempo de
espera que desexa que transcorra para que se active
o aforro de enerxía.
●
Saúdo inicial ou logo
— A nota ou logotipo de
benvida amósase brevemente cada vez que acende
o dispositivo. Seleccione
Predeterminado
para
utilizar a imaxe predeterminada,
Texto
para
escribir unha nota de benvida ou
Imaxe
para
seleccionar unha imaxe de Fotos.
●
Duración luz
— Seleccione o tempo de espera que
desexa que transcorra para que a luz de fondo da
pantalla se desactive.
Modo en espera
●
#Shortcuts
— Asigne accesos directos ás teclas de
selección que desexa que se utilicen no modo en
espera e seleccione as aplicacións que desexa que
se amosen na barra de ferramentas activa.
170
Axust
es
Se a espera activa está desactivada, poderá asignar
accesos directos do teclado para as diferentes
pulsacións da tecla de desprazamento.
●
Cambiar vista Menú
— Seleccione
Barra iconas
horiz.
para ver unha barra de ferramentas
horizontal e o contido de diferentes aplicacións na
pantalla. Seleccione
Barra iconas vertical
para ver
unha barra de ferramentas vertical na pantalla. O
contido das diferentes aplicacións está oculto. Para
amosar o contido, seleccione un acceso directo e
prema a tecla de desprazamento á esquerda.
Seleccione
Básica
para desactivar a barra de
ferramentas activa.
●
Logo operador
— Este axuste só está dispoñible se
recibiu e gardou un logotipo de operador.
Seleccione
Desactivado
se non desexa que o
logotipo se amose.
Idioma
Se cambia os axustes do idioma do teléfono ou do
idioma da escrita, veranse afectadas tódalas
aplicacións do dispositivo ata que cambie estes
axustes de novo.
●
Idioma do teléfono
— Cambie o idioma de texto
da pantalla no dispositivo. Isto tamén afecta ó
formato utilizado para a data e a hora e ós
separadores utilizados, por exemplo, nos cálculos.
Automático
selecciona o idioma segundo a
información da tarxeta SIM. Despois de cambiar o
idioma, o dispositivo reiníciase.
●
Idioma de escritura
— Cambie o idioma de escrita.
Isto afecta ós caracteres dispoñibles cando se
escribe texto e se utiliza o dicionario de texto
preditivo.
●
Texto preditivo
— Activa ou desactiva a entrada
de texto preditivo para tódolos editores do
dispositivo. O dicionario de texto preditivo non está
dispoñible en tódolos idiomas.