Activación da cámara
Para activar a cámara principal, abra a tapa do
obxectivo. Para activar a cámara principal cando a tapa
do obxectivo xa se atopa aberta e a cámara está activa
en segundo plano, manteña premida a tecla Capturar.
Para desactivar a cámara principal, peche a tapa do
obxectivo.
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o
flash. Non utilice o flash para tomar imaxes de persoas
ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o
flash durante a toma de imaxes.