Axustes da cámara de imaxes fixas
Para cambiar os axustes principais, no modo imaxe,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das seguintes
opcións:
●
Calidade de imaxe
— Axuste a resolución (só
cámara principal) . Canto mellor sexa a calidade da
imaxe, máis memoria ocupará.
●
Engadir ó álbum
— Garde a imaxe nun álbum en
Fotos.
●
Gravar lugar
— Para engadir coordenadas de
localización GPS para cada ficheiro de imaxe,
seleccione
Activar
. A recepción do sinal GPS pode
tardar uns intres ou é posible que o sinal non estea
dispoñible.
●
Mostrar imaxe capturada
— Seleccione se desexa
ver a imaxe capturada despois de tomala ou se
desexa continuar coa captura de imaxes
inmediatamente.
●
Nome da imaxe predet.:
— Defina o nome
predeterminado para as imaxes capturadas.
●
Zoom dixital ampliado
— O axuste está só
dispoñible na cámara principal.
Activar (continuo)
permite que os incrementos do zoom sexan máis
suaves e continuos entre o zoom dixital e o zoom
dixital ampliado,
Activar (pausado)
permite que se
insira unha pausa nos incrementos do zoom no
punto de paso dixital e no punto de paso dixital
ampliado e
Desactivar
permite aplicar lixeiramente
o zoom mentres retén a resolución da imaxe. Utilice
o zoom ampliado só cando achegarse ao suxeito
sexa máis importante que a calidade de imaxe final.
A calidade global dunha imaxe ampliada
dixitalmente é sempre inferior á dunha imaxe sen
ampliar.
●
Capturar ton
— Permite axustar o ton que desexa
que se escoite cando capture unha imaxe.
●
Memoria en uso
— Permite seleccionar onde
desexa gardar as imaxes.
90
Cá
mara
●
Restab. axust. cámara
— Permite restablecer os
valores predeterminados dos axustes da cámara.