Gravación de vídeos
1.
Se a cámara se atopa en modo de imaxe, seleccione
o modo vídeo na barra de ferramentas activa.
2.
Para iniciar a gravación, prema a tecla Capturar. A
icona de gravación vermella ( ) amósase e soa un
ton.
3.
Para inserir unha pausa na gravación en calquera
momento, prema
Pausa
. Seleccione
Continuar
para continuar coa gravación. Se fai unha pausa na
gravación e non prema ningunha tecla antes de que
transcorra un minuto, a gravación deterase.
Para ampliar ou reducir o motivo, utilice a tecla de
zoom do dispositivo.
4.
Para deter a gravación, prema a tecla Capturar. O
videoclip gardarase automaticamente na
aplicación Fotos. A lonxitude máxima dun videoclip
é de aproximadamente 30 segundos con calidade
de vídeo compartido e de 90 minutos con outros
axustes de calidade.
Para activar a cámara frontal, seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
. Para iniciar unha gravación
de vídeo, prema a tecla de desprazamento. Para
ampliar ou reducir unha imaxe, desprácese cara arriba
ou abaixo.