Xestor de dispositivos
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
>
Xestor disp.
.
Utilice o Xestor de dispositivos para conectarse cun
servidor e recibir axustes de configuración para o
teléfono, para crear novos perfís de servidor ou para
ver e xestionar os perfís de servidor existentes.
Pode recibir perfís de servidor e axustes de
configuración diferentes dos seus fornecedores de
servizo e do departamento de xestión da información
da empresa. Estes axustes de configuración poden
incluír conexións e outros axustes utilizados por
diferentes aplicacións no dispositivo.
Desprácese ata un perfil de servidor e seleccione
Opcións
e unha das opcións seguintes:
●
Iniciar configuración
— Permite conectarse ó
servidor e recibir axustes de configuración para o
dispositivo.
●
Novo perfil de servidor
— Permite crear un perfil
de servidor.
Para eliminar un perfil de servidor, desprácese ata el e
prema C.