Calculadora
Prema
e seleccione
Aplicacións
>
Calculadora
.
A calculadora dispón de precisión limitada e está
deseñada para efectuar cálculos simples.
Para realizar un cálculo, insira o primeiro número
deste. Seleccione unha función como sumar ou restar
do mapa de funcións. Insira o segundo número do
cálculo e seleccione =.
A calculadora realiza as operacións na orde na que se
insiren. O resultado do cálculo permanece no cadro do
editor e pódese utilizar como o primeiro número dun
novo cálculo.
Para gardar os resultados dun cálculo, seleccione
Opcións
>
Memoria
>
Gardar
. O resultado gardado
substitúe ó resultado gardado previamente na
memoria.
Para recuperar os resultados dun cálculo da memoria
e utilizalos noutro cálculo, seleccione
Opcións
>
Memoria
>
Recuperar
.
Para ver o último resultado gardado, seleccione
Opcións
>
Último resultado
. Se sae da Calculadora
ou apaga o dispositivo non borrará a memoria. Poderá
recuperar o último resultado gardado a próxima vez
que abra a Calculadora.