Instalación de aplicacións e
software
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao
dispositivo dende un ordenador compatible, descargar
durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe
multimedia, como ficheiro adxunto de correo
electrónico, ou mediante outros métodos de conexión,
como unha conexión Bluetooth. Pode utilizar Nokia
Application Installer de Nokia PC Suite para instalar
unha aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
aplicación .sis ou .sisx
aplicación Java
aplicación non instalada completamente
aplicación instalada na tarxeta de memoria
Importante: Só instale e utilice aplicacións e
outro software procedente de fontes de confianza,
como como aplicacións Symbian Signed ou que teñan
pasado a proba Java Verified.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
●
Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e
o seu fornecedor ou creador, seleccione
Opcións
>
Ver detalles
.
Para amosar os detalles do certificado de
seguridade da aplicación, en
Detalles:
, desprácese
ata
Certificados:
e seleccione
Ver detalles
.
Vexa
"Xestión de certificados", p. 174.
●
Se instala un ficheiro que contén unha actualización
ou parche para unha aplicación existente, só pode
restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de
instalación orixinal ou unha copia de seguridade
completa do paquete de software eliminado. Para
restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación
e instálea de novo dende o ficheiro de instalación
orixinal ou dende a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java, requírese un
ficheiro .jar. Se non se atopa, é posible que o
teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe
ningún punto de acceso definido para a aplicación,
solicitaráselle seleccionar un. Durante a descarga do
ficheiro .jar, é posible que necesite inserir un nome
de usuario e un contrasinal para acceder ó servidor.
Pode obtelos do fornecedor ou creador da
aplicación.
Para instalar unha aplicación ou software:
1.
Para localizar un ficheiro de instalación, prema
e seleccione
Aplicacións
>
Xes. aplics.
Tamén
pode buscar os ficheiros de instalación mediante o
xestor de ficheiros ou abrir unha mensaxe da
Mensaxería
>
Caixa entrada
que conteña un
ficheiro de instalación.
2.
No Xestor de aplicacións, seleccione
Opcións
>
Instalar
. Noutras aplicacións, desprácese ata o
ficheiro de instalación e seleccióneo para iniciala.
163
Cartafol de aplicacións
Durante a instalación, o teléfono amosa
información acerca do seu progreso. Se instala
unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital,
o teléfono amosará unha advertencia. Continúe a
instalación só se está seguro da orixe e contido da
aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, localícea no
menú e selecciónea. Se a aplicación non posúe unha
carpeta predeterminada definida, instalarase na
carpeta
Aplicacións
do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou
eliminados e a súa data, seleccione
Opcións
>
Ver
rexistro
.
Importante: Ó dispositivo só admite unha
aplicación antivirus. Dispoñer de máis dunha
aplicación con función antivirus pode afectar ao
rendemento e funcionamento ou provocar que o
dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de
memoria compatible, os ficheiros de instalación
(.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo. É
posible que os ficheiros utilicen grandes cantidades de
memoria e lle impidan almacenar outros ficheiros.
Para manter suficiente memoria, utilice Nokia Nseries
PC Suite para facer unha copia de seguridade dos
ficheiros de instalación nun ordenador compatible e, a
continuación, utilice o xestor de ficheiros para eliminar
os ficheiros de instalación da memoria do dispositivo.
Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado dunha
mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.