Directorios
Os directorios axudan a atopar episodios de podcasts
ós que subscribirse.
Para abrir directorios, prema
e seleccione
Música
>
Podcasting
>
Directorios
.
Os contidos dos directorios cambian. Seleccione o
cartafol do directorio desexado para actualizalo
(servizo de rede). A cor do cartafol cambia unha vez
finalizada a actualización.
Os directorios poden incluír os principais podcasts
clasificados por popularidade ou cartafoles de temas.
Para abrir o tema do cartafol desexado, seleccióneo e
Abrir
. Amosarase unha lista de podcasts.
Para subscribirse a un podcast, seleccione o título e
Actualizar
. Despois de subscribirse a episodios dun
podcast, pode descargar, xestionar e reproducilos no
menú de podcasts.
Para engadir un directorio ou cartafol novo, seleccione
Opcións
>
Novo
>
Directorio web
ou
Cartafol
.
Seleccione un título, un URL do ficheiro .opml (outline
processor markup language) e
Feito
.
Para editar o cartafol, a ligazón web ou o directorio
web seleccionado, seleccione
Opcións
>
Editar
.
Para importar un ficheiro .opml gardado no
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Importar ficheiro
OPML
. Seleccione a localización do ficheiro e impórteo.
Para enviar un cartafol do directorio como mensaxe
multimedia ou mediante a conectividade Bluetooth,
seleccione o cartafol e
Opcións
>
Enviar
.
Cando reciba unha mensaxe cun ficheiro .opml
mediante a conectividade Bluetooth, abra o ficheiro
para gardalo no cartafol
Recibido
en directorios. Abra
o cartafol para subscribirse a un das ligazóns para
engadir os seus podcasts.