Reproduza e administre podcasts
Para amosar os episodios dispoñibles do podcast
seleccionado, en
Podcasts
, seleccione
Abrir
. Debaixo
de cada episodio, pódese ver o formato e o tamaño do
ficheiro e a hora da carga.
Unha vez que o podcast se descargou completamente,
para reproducir todo o episodio, seleccióneo e a opción
Reproducir
.
Para actualizar o podcast seleccionado ou os podcasts
marcados dun episodio novo, seleccione
Opcións
>
Actualizar
.
Para deter a actualización, seleccione
Opcións
>
Deter actualización
.
Para engadir un podcast novo inserindo o URL deste,
seleccione
Opcións
>
Novo podcast
. Se non dispón
dun punto de acceso definido ou se durante a conexión
de paquetes de datos se lle solicita que insira un nome
de usuario e un contrasinal, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.
Para editar o URL do podcast seleccionado, seleccione
Opcións
>
Editar
.
Para eliminar un podcast descargado ou podcasts
marcados do dispositivo, seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Para enviar o podcast seleccionado ou os podcast
marcados a outro dispositivo compatible como
ficheiros .opml coma unha mensaxe multimedia ou
mediante a conectividade Bluetooth, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Para actualizar, eliminar e enviar un grupo de podcasts
seleccionados á vez, seleccione
Opcións
>
Marcar/
desmarcar
, marque os podcasts desexados e
seleccione
Opcións
para escoller a acción que desexe.
Para abrir o sitio web do podcast (servizo de rede),
seleccione
Opcións
>
Abrir páxina web
.
Algúns podcasts permiten interactuar cos seus
creadores ofrecendo a posibilidade de comentalos e
votalos. Para conectarse á Internet para facer isto,
seleccione
Opcións
>
Ver comentarios
.