Escoitar emisoras de radio pola Internet
Prema
e seleccione
Música
>
Radio
>
Radio de
Internet
.
Aviso: Escoite música a un volume moderado.
A exposición continua a niveis elevados de volume
pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado,
xa que o son podería emitirse a un nivel de volume
extremadamente elevado.
Para escoitar unha emisora de radio pola Internet, siga
os pasos que se describen a continuación:
1.
Seleccione unha emisora das súas favoritas ou do
directorio de emisoras, ou búsqueas segundo o seu
nome no servizo Radio pola Internet de Nokia.
Para engadir manualmente unha emisora,
seleccione
Opcións
>
Eng. emis. manualm.
Ademais, pode buscar ligazóns a emisoras
mediante a aplicación web. As ligazóns compatibles
ábrense automaticamente na aplicación Radio pola
Internet.
2.
Seleccione
Escoitar
.
Abrirase a vista Reproducindo e amosarase
información acerca da emisora e a canción que se
están reproducindo nese momento.
Para deter a reprodución, prema a tecla de
desprazamento; para continuar, prema a tecla de
desprazamento de novo.
Para axustar o volume, utilice a tecla de volume.
Para ver a información da emisora, seleccione
Opcións
>
Información emisora
(non dispoñible se
gardou a emisora manualmente).
Se escoita unha emisora gardada nas súas favoritas,
desprácese á esquerda ou á dereita para escoitar a
anterior ou a seguinte emisora gardada.