Reprodutor de música
Aviso: Escoite música a un volume moderado.
A exposición continua a niveis elevados de volume
pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado,
xa que o son podería emitirse a un nivel de volume
extremadamente elevado.
O reprodutor de música admite os formatos de ficheiro
seguintes: AAC, AAC+, eAAC+, MP3 e WMA. O reprodutor
de música non admite necesariamente tódalas
funcións dun formato de ficheiro nin tódalas variacións
dos formatos de ficheiro.
Tamén pode utilizar o reprodutor de música para
escoitar episodios de podcasts. Podcasting é o método
de entrega de contido de son ou vídeo a través da
Internet mediante as tecnoloxías RSS ou Atom para a
reprodución en dispositivos móbiles e ordenadores.
Pode transferir música dende outros dispositivos
compatibles ó seu dispositivo.
Vexa "Transferir música
ó dispositivo", p. 68.
Reproducir unha canción ou un
episodio de podcast
Para abrir o reprodutor de música, prema
e
seleccione
Música
>
Rep. música
.
Suxestión: É posible acceder ao reprodutor de
música dende o menú multimedia.
É posible que teña que actualizar a música e as
bibliotecas de podcast despois de actualizar a selección
de cancións ou podcasts no dispositivo. Para engadir
tódolos elementos dispoñibles á biblioteca, na vista
principal do reprodutor de música, seleccione
Opcións
>
Actualizar biblioteca
.