Verbo do transmisor de FM
A dispoñibilidade desta función pode variar segundo o
país.
No momento da impresión, o transmisor de FM que
forma parte deste equipo está destinado a empregarse
nos seguintes países: Bélxica, República Checa,
Dinamarca, Estonia, Finlandia, Alemaña, Islandia,
Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Portugal,
Romanía, Eslovenia, España, Suíza, Suecia e o Reino
Unido. Se desexa obter a información máis actualizada
dispoñible e a lista dos países non europeos nos que
se pode utilizar o transmisor de FM, consulte a páxina
www.nseries.com/fmtransmitter. Antes de usar a
función nun país estranxeiro, consulte a páxina
www.nseries.com/fmtransmitter para comprobar se
se permite o uso.
Co transmisor de FM pode reproducir cancións no
dispositivo a través de calquera receptor de FM
compatible, como por exemplo a radio dun automóbil
ou un equipo estéreo doméstico.
O transmisor de FM funciona ata unha distancia
máxima de 3 metros. A transmisión pode sufrir
interferencias debido a obstáculos como paredes,
outros dispositivos electrónicos ou emisoras de radio
públicas. O transmisor de FM pode producir
interferencias en receptores de FM próximos que
operan na mesma frecuencia. Para evitalas, busque
sempre unha frecuencia de FM libre no receptor antes
de utilizar o transmisor de FM.
O transmisor de FM non se pode utilizar ó mesmo
tempo que a radio FM do dispositivo.
A banda de frecuencia operativa que utiliza o
transmisor vai de 88.1 MHz a 107.9 MHz.
Cando o transmisor está activado e emite son, amósase
no modo de espera. Se o transmisor está activado,
pero non realiza ningunha emisión, amósase e
escóitase un son constante. Se o transmisor non emite
nada durante varios minutos, apágase
automaticamente.