Convertedor
Prema
e seleccione
Aplicacións
>
Oficina
>
Convertedor
.
Co convertedor, é posible converter medidas dunha
unidade a outra.
A precisión do convertedor é limitada, polo que é
posible que se produzan erros de redondeo.
1.
No cadro Tipo, seleccione a medida que desexa
utilizar.
2.
No primeiro cadro Unidade, seleccione a unidade
dende a que desexa efectuar a conversión.
3.
No seguinte cadro Unidade, seleccione a unidade á
que desexa efectuar a conversión.
4.
No primeiro cadro Cantidade, insira o valor que
desexa converter. O outro cadro Cantidade cambia
automaticamente para amosar o valor xa
convertido.
Conversión de moeda
Seleccione
Tipo
>
Moeda
. Para poder realizar
conversións de moeda, cómpre seleccionar unha
moeda base e engadir os tipos de cambio. A moeda
base predeterminada é
Local
. O tipo de cambio da
moeda base é sempre 1.
1.
Seleccione
Opcións
>
Cambios moedas
.
2.
O nome predeterminado para os elementos da
moeda é
Estranx.
Para renomear unha moeda,
seleccione
Opcións
>
Renomear moeda
.
3.
Engada os tipos de cambio para as moedas e prema
Feito
.
4.
No segundo cadro Unidade, seleccione a moeda á
que desexa efectuar a conversión.
5.
No primeiro cadro Cantidade, insira o valor que
desexa converter. O outro cadro Cantidade cambia
automaticamente para amosar o valor xa
convertido.
Para cambiar a moeda base, seleccione
Opcións
>
Cambios moedas
, unha moeda e
Opcións
>
Fixar
moeda base
.
Se cambia a moeda base, deberá inserir novos tipos de
cambio debido a que se eliminarán todos os anteriores.