Licenzas
Para ver as licenzas de dereitos dixitais, prema
e
seleccione
Aplicacións
>
Multimedia
>
Licenzas
.
Xestión dos dereitos dixitais
153
Cartafol multimedia
É posible que os propietarios de contidos utilicen
diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos
dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade
intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este
dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para
acceder a contido protexido mediante DRM. Con este
dispositivo pode acceder a contido protexido con
WMDRM 10, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un
determinado software DRM non protexe o contido, é
posible que os propietarios do contido soliciten que se
anule a capacidade do mencionado software de
acceder a novos contidos protexidos mediante DRM.
Esta anulación pode tamén impedir a renovación do
contido protexido mediante DRM que xa se atope no
dispositivo. Esta anulación non afectará ó uso de
contido protexido con outros tipos de DRM ou ó uso de
contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos
dixitais (DRM) subminístranse cunha clave de
activación asociada que define os seus dereitos para
utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido
mediante OMA DRM, para facer unha copia de
seguridade das claves de activación e do contido,
utilice a función de copia de seguridade de Nokia
Nseries PC Suite. É posible que outros métodos de
transferencia non transfiran as claves de activación
que é necesario recuperar co contido para que poida
continuar utilizando o contido protexido mediante
OMA DRM despois de formatar a memoria do
dispositivo. Tamén é posible que necesite recuperar as
claves de activación en caso de que se danen os
ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante
WMDRM, as claves de activación e o contido perderanse
se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible
que perda as claves de activación e o contido se se
danan os ficheiros do dispositivo. A perda das claves de
activación ou do contido pode limitar a súa capacidade
para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de
novo. Para obter máis información, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas claves de activación estean
ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida
acceder ó contido protexido se a tarxeta SIM se atopa
inserida no dispositivo.
Na vista principal, seleccione unha das seguintes
opcións:
●
Licenzas válidas
— Permite ver as licenzas ligadas
a ficheiros multimedia ou licenzas cuxo período de
validez non comezou.
●
Licen. non válid.
— Permite ver as licenzas non
válidas (o período de tempo para utilizar o ficheiro
multimedia finalizou ou existe un ficheiro
multimedia protexido no dispositivo pero non
dispón dunha clave de activación ligada a el).
●
Non en uso
— Permite ver licenzas sen ficheiros
multimedia ligados a elas no dispositivo.
154
Cartafol multimedia
Para adquirir máis tempo de uso para un ficheiro
multimedia, seleccione unha licenza non válida e
Opcións
>
Obter nova licenza
(cómpre activar as
mensaxes de servizo web).
Vexa "Axustes de mensaxes
do servizo web", p. 133.
Para ver detalles dunha clave de activación, desprácese
a esta e prema a tecla de desprazamento.