Chamadas da internet
Verbo das chamadas da
Internet
Co servizo de chamadas da Internet (servizo de rede),
pode facer e recibir chamadas a través da Internet. As
chamadas da Internet poden establecerse entre
ordenadores, entre teléfonos móbiles e entre un
dispositivo VoIP e un teléfono tradicional.
Para poder usar o servizo, debe subscribirse ó servizo
e ter unha conta de usuario.
Para facer ou recibir unha chamada da Internet,
cómpre atoparse na zona de servizo dunha rede LAN
sen fíos e conectado a un servizo de chamadas da
Internet.