Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun diseño e
artesanía superiores e debe ser tratado con coidado.
As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a
cobertura da garantía.
●
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a
humidade e tódolos tipos de líquidos poden conter
minerais que corroan os circuítos electrónicos. Se o
dispositivo entra en contacto coa auga, retire a
batería e agarde a que o dispositivo se seque
completamente antes de volver a colocala.
●
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares
sucios e poeirentos, xa que poderían producirse
danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes
electrónicos.
●
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As
temperaturas elevadas poden reducir a vida útil dos
dispositivos electrónicos, danar as baterías e
deformar ou derreter determinados plásticos.
●
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o
dispositivo regrese á súa temperatura normal, é
posible que se forme humidade no interior do
mesmo e que se produzan danos nas placas dos
circuítos electrónicos.
●
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ó
indicado nesta guía.
●
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un
manexo brusco pode producir a rotura das placas
dos circuítos e do mecanismo interno.
●
Non utilice produtos químicos agresivos,
disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo.
●
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as
pezas móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
●
Utilice un paño seco, suave e limpo para limpar os
obxectivos da cámara, do sensor de proximidade e
do sensor de luz.
●
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou
unha autorizada polo fabricante. A utilización de
antenas, modificacións ou accesorios non
autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir a
lexislación que regula o uso de dispositivos de radio.
●
Utilice os cargadores en lugares interiores.
●
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos
que desexe manter, coma os contactos e as notas do
calendario.
●
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para
obter un rendemento óptimo, apágueo e retire a
batería.
193
Co
id
ad
o e man
temen
to
As suxestións indicadas a continuación, aplícanse
igualmente ó dispositivo, á batería, ó cargador ou a
calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona
correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.