Acerca da conectividade Bluetooth
Pode establecer unha conexión sen fíos a outros
dispositivos compatibles, como teléfonos móbiles,
ordenadores, auriculares e kits de vehículos con
conexión Bluetooth.
Pode utilizar a conexión para enviar imaxes, videoclips,
música e clips de son, e notas, transferir ficheiros
dende o seu ordenador compatible e imprimir imaxes
cunha impresora compatible.
Xa que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth se comunican mediante ondas de radio, non
42
Con
exió
ns
se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non
obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10
metros o un do outro, aínda que a conexión pode sufrir
interferencias debido a obstáculos como paredes ou a
outros dispositivos electrónicos.
O dispositivo axústase á especificación Bluetooth 2.0
que admite os seguintes perfís: Perfil de distribución
de audio e vídeo xenérica, perfil de distribución de
audio avanzada, perfil de control remoto de audio e
vídeo, perfil de tratamento básico de imaxes, perfil de
impresión básica, perfil de conexión á rede por liña
conmutada, perfil de transferencia de ficheiros, perfil
de mans libres, perfil de auriculares, perfil de
dispositivo de interface humana, perfil de envío de
obxectos, perfil de acceso á SIM, perfil de
sincronización, perfil de porto de serie e perfil de
acceso á axenda de teléfonos. Para garantir a
interoperabilidade con outros dispositivos con
compatibilidade Bluetooth, utilice os accesorios
autorizados por Nokia con este modelo. Póñase en
contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para
obter información sobre a compatibilidade con este
dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth
aumentan o consumo de enerxía e reducen a duración
da batería.
Cando o dispositivo está bloqueado, non se pode
utilizar a conectividade Bluetooth.