
Envío de datos mediante Bluetooth
Pódense activar varias conexións Bluetooth ó mesmo
tempo. Por exemplo, se está conectado a uns
auriculares compatibles, pode transferir ficheiros a
outro dispositivo compatible ó mesmo tempo.
1.
Abra a aplicación onde se garda o elemento que
desexa enviar. Por exemplo, para enviar unha
imaxe a outro dispositivo compatible, abra Fotos.
2.
Seleccione o elemento e prema
Opcións
>
Enviar
>
Por Bluetooth
.
Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth que se atopen dentro do seu alcance. As
iconas dos dispositivos son as seguintes:
ordenador
teléfono
dispositivo de vídeo ou de audio
outros dispositivos
Para interromper a busca, seleccione
Deter
.
3.
Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.
4.
Se o outro dispositivo realiza unha petición de
vinculación para poder transferir os datos,
escóitase un son e solicítase inserir un código.
Vexa
"Vinculación de dispositivos", p. 44.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe
Enviando datos
.
Suxestión: Cando se realiza a busca dos
dispositivos, é posible que algúns só amosen o
enderezo único (enderezo do dispositivo). Para
atopar o enderezo único do seu dispositivo,
insira *#2820# no modo de espera.