Modo de SIM remota
Para poder activar o modo de SIM remota, cómpre que
os dous dispositivos estean vinculados e que a
vinculación se inicie dende o outro dispositivo. Na
vinculación, utilice un código de 16 díxitos e axuste o
outro dispositivo como autorizado.
Para utilizar o modo de SIM remota cun kit de
automóbil compatible, active a conectividade
Bluetooth e permita a utilización do modo de SIM
remota co seu dispositivo. Active o modo de SIM
remota dende o outro dispositivo.
Cando o modo de SIM remota está activado no seu
dispositivo, amósase
Modo SIM remota
no modo en
espera. A conexión coa rede sen fíos desactívase, tal e
como se amosa mediante na zona do indicador de
potencia do sinal, e non se poden utilizar os servizos
da tarxeta SIM nin as funcións que requiren cobertura
de rede móbil.
Se o dispositivo sen fíos está en modo de SIM remota,
só poderá utilizar un accesorio conectado compatible,
como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir
chamadas. O dispositivo sen fíos non efectuará
ningunha chamada, excepto ós números de
emerxencia programados no dispositivo, cando se
atope en modo de SIM remota. Para efectuar chamadas
dende o dispositivo, primeiro cómpre abandonar o
modo de SIM remota. Se o dispositivo está bloqueado,
insira o código de bloqueo para desbloquealo.
Para abandonar o modo de SIM remota, prema a tecla
de acendido e seleccione
Saír modo SIM remoto
.