Acerca da WLAN
O dispositivo pode detectar e conectarse a redes WLAN.
Mediante unha WLAN, é posible conectar o dispositivo
á Internet e a dispositivos compatibles que admitan as
redes WLAN.
Para empregar unha conexión WLAN, precisa o
seguinte:
●
Cómpre que exista unha WLAN dispoñible na súa
localización.
●
O dispositivo debe estar conectado á WLAN.
Algunhas WLAN atópanse protexidas e cómpre
dispoñer dunha clave de acceso do fornecedor de
servizos para conectarse a elas.
●
Un punto de acceso á Internet creado para a WLAN.
Utilice o punto de acceso para as aplicacións que
necesitan conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha
conexión de datos mediante un punto de acceso á
Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando
finaliza a conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz
ou cando o paquete de datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN
á vez, pero varias aplicacións poden utilizar o mesmo
punto de acceso.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen
autorización para executarse en segundo plano
mentres se utilizan outras funcións, aumentan a
demanda de enerxía da batería e reducen a vida útil da
mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:
●
IEEE 802.11b/g estándar
●
Funcionamento a 2,4 GHz
●
Wired Equivalent Privacy (WEP - privacidade
equivalente á de sistemas de cables), Wi-Fi
Protected Access (WPA/WPA2 - acceso protexido
WIFI) e os métodos de autenticación 802.1x. Estas
39
Con
exió
ns
funcións poden empregarse tan só se son
compatibles coa rede.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da
conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce
o risco de que accedan de xeito non autorizado ós seus
datos.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda
poderá utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde
cumprir con todos os requisitos de seguridade
aplicables cando estableza e utilice unha conexión
WLAN.
Suxestión: Para consultar o enderezo MAC único
que identifica o seu dispositivo, insira
*#62209526# na pantalla de inicio.