Conexións WLAN
Para utilizar a WLAN, cómpre crear un punto de acceso
á Internet (IAP) para a WLAN. Utilice o punto de acceso
para as aplicacións que necesitan conectarse á
Internet.
Vexa "Puntos de acceso á Internet
WLAN", p. 41.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da
conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce
o risco de que accedan de xeito non autorizado ós seus
datos.
As conexións WLAN establécense cando crea unha
conexión de datos mediante un punto de acceso á
Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando
finaliza a conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz
ou cando o paquetes de datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN
ó mesmo tempo, pero varias aplicacións poden utilizar
o mesmo punto de acceso á Internet.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda
pode utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde
cumprir con tódolos requisitos de seguridade
aplicables cando estableza e utilice unha conexión
WLAN.
Suxestión: Para consultar o enderezo MAC único
que identifica o seu dispositivo, insira
*#62209526# no modo en espera.