Presentacións
Mediante as presentacións, pode ver ficheiros SVG (do
inglés "scalable vector graphics", "gráficos vectoriais
escalables"), como, por exemplo, animacións e mapas.
As imaxes SVG conservan o seu aspecto cando se
imprimen ou se ven con tamaños de pantalla e
resolucións diferentes.
Para visualizar ficheiros SVG, prema
e seleccione
Aplicacións
>
Multimedia
>
Galería
>
Presentacións
. Desprácese ata unha imaxe e
seleccione
Opcións
>
Reproducir
. Para inserir unha
pausa na reprodución, seleccione
Opcións
>
Pausa
.
Para ampliar unha imaxe, prema 5. Para reducir unha
imaxe, prema 0.
Para xirar a imaxe 90 graos á dereita ou á esquerda,
prema 1 ou 3, respectivamente. Para xirar a imaxe 45
graos, prema 7 ou 9.
Para cambiar entre a pantalla completa e a pantalla
normal, prema *.
103
Galería