Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais
de radio, redes inalámbricas, redes terrestres e
funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo
admite chamadas de voz a través da Internet
(chamadas de Internet), active as chamadas de
Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará
efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes
móbiles e do fornecedor de chamadas de Internet se
se atopan activadas ámbolos dous. Non se pode
garantir que a conexión funcione en tódalas
condicións. Nunca dependa unicamente dun
dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o
seguinte:
1.
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe
que a intensidade do sinal é a axeitada. En función
do dispositivo, é posible que tamén necesite
realizar o seguinte:
●
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza
unha.
●
Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
197
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade
●
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil
activo.
2.
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para
borrar a pantalla e preparar o dispositivo para
chamadas.
3.
Insira o número de emerxencia da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden
variar en cada localidade.
4.
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite
toda a información necesaria do xeito máis preciso
posible. É posible que o seu dispositivo inalámbrico
sexa o único medio de comunicación na escena dun
accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.
INFORMACIÓN DE