Dispositivos médicos
A utilización de calquera equipo de transmisión por
radio, incluídos os teléfonos sen fíos, pode producir
interferencias no funcionamento de dispositivos
médicos incorrectamente protexidos. Póñase en
contacto cun médico ou co fabricante do dispositivo
para determinar se se atopa axeitadamente protexido
da enerxía de radiofrecuencia externa ou se desexa
efectuar algunha pregunta. Apague o dispositivo en
centros de atención médica cando así o esixan as
normativas de mesmo. É posible que os hospitais ou os
centros de atención médica utilicen equipos que
poidan resultar sensibles á enerxía de radiofrecuencia
externa.