Entorno operativo
O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a
radiofrecuencia cando se emprega na posición normal
de uso no oído ou cando se coloca polo menos a 1,5
centímetros centímetros do corpo. Se se utiliza unha
funda de transporte, unha pinza para o cinto ou un
soporte para utilizar o produto pegado ó corpo, estes
non deberán conter ningunha peza de metal e deberá
colocar o dispositivo á distancia indicada
anteriormente.
Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o
dispositivo require unha conexión de calidade á rede.
Nalgúns casos, a transmisión de ficheiros de datos ou
mensaxes pode retrasarse ata que estea dispoñible a
conexión. Asegúrese de respectar as instrucións sobre
a distancia de separación indicadas anteriormente ata
completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É
posible que os materiais metálicos sexan atraídos polo
dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros
soportes de almacenaxe magnéticos preto do
dispositivo, xa que é posible que se elimine a
información almacenada neles.