CERTIFICACIÓN (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio.
Está deseñado para non sobrepasar os límites de
exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas
polas directrices internacionais. O organismo científico
independente ICNIRP desenvolveu estas directrices,
que inclúen marxes de seguridade deseñadas para
garantir a protección de tódalas persoas,
independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos
móbiles empregan unha unidade de medición
coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR.
O límite de SAR exposto nas directrices de ICNIRP é de
2,0 watts/quilogramo calculado en aproximadamente
10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo
utilizando posicións de funcionamento estándar co
dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis
alto en tódalas bandas de frecuencia probadas. O nivel
de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode
estar por debaixo do valor máximo debido a que o
dispositivo está deseñado para empregar só a enerxía
xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia
dependendo dun gran número de factores, como a que
distancia se atopa dunha estación base de rede. O valor
de SAR máis alto admitido segundo as directrices de
ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de
1,40 W/kg .
O uso de accesorios e melloras do dispositivo pode
provocar a aparición de diferentes valores de SAR. Os
valores de SAR poden variar dependendo das
necesidades de información e probas nacionais e da
banda de rede. Se desexa obter información de SAR
adicional, consulte a sección de información do
produto da páxina web www.nokia.com.
198
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade