Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós sistemas
electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos
dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección
de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de
control de velocidade electrónicos e os sistemas de
airbag. Para obter máis información, póñase en
contacto co fabricante, ou un representante deste, do
vehículo ou dos equipos instalados no mesmo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun
vehículo por parte de persoal cualificado. Unha
instalación ou reparación defectuosa pode resultar
perigosa e pode invalidar a garantía do dispositivo.
Comprobe regularmente que todos os dispositivos
inalámbricos do vehículo funcionen e estean
montados correctamente. Non almacene nin
transporte líquidos inflamables, gases ou materiais
explosivos no mesmo compartimento que o
dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos. Nos
vehículos equipados con airbag, recorde que estes
despréganse con gran forza. Non coloque obxectos,
incluídos os equipos inalámbricos instalados ou
portátis, sobre o airbag ou na zona onde se desprega
o airbag. Se o equipo inalámbrico do vehículo se instala
incorrectamente e o airbag se desprega, é posible que
se produzan lesións graves.
Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha
aeronave. Apague o dispositivo antes de embarcar nun
196
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade
voo. O uso de teledispositivos inalámbricos nunha
aeronave pode resultar perigoso para o
funcionamento do avión, interferir coa rede telefónica
inalámbrica e pode ser ilegal.