Información sobre a batería e o cargador
Información sobre a batería e
o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A
batería deseñada para utilizarse co dispositivo é a
BL-6F. Nokia pode fabricar modelos de batería
adicionais para este dispositivo. O dispositivo está
deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores:
AC-5, AC-8, DC-1, DC-8, DC-9. O número exacto do
modelo do cargador pode variar dependendo do tipo
de enchufe. O tipo de enchufe pode ser un dos
seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces,
pero finalmente, desgástase. Cando a duración da
batería no modo de espera e durante as conversas
telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa.
Utilice unicamente baterías autorizadas por Nokia e
recárgueas unicamente con cargadores autorizados
por Nokia deseñados para utilizarse con este
dispositivo. A utilización dunha batería ou cargador
non homologados pode implicar un risco de incendio,
explosión, fuga ou outros perigos.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non
se utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa
necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo
conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería
está completamente descargada, é posible que teña
que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga
na pantalla.
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador
antes de extraer a batería.
Desconecte o cargador da toma de corrente e do
dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa
que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se
non se utilizan, as baterías cargadas perden a súa carga
co paso do tempo.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura
comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da
batería a temperaturas extremas reduce a capacidade
e a vida útil da mesma. É posible que o dispositivo non
funcione temporalmente se a batería está fría ou
quente. O rendemento da batería é especialmente
limitado a temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible
que se produzan curtocircuítos accidentais se un
obxecto metálico, coma unha moeda, un clip ou un
bolígrafo provoca un contacto directo dos terminais
positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais
teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto
190
Información sobre a
batería e o cargador
pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha
batería de reposto no peto ou no bolso. Os
curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou
o obxecto que realiza o contacto.
Non bote as baterías ao lume, xa que poderían
explotar. As baterías tamén poden explotar se están
danadas. Respecte as normativas locais no momento
de desfacerse das baterías. Recicle as baterías cando
sexa posible. Non as deposite en lugares destinados
aos residuos domésticos.
Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, deforme,
perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de
que se produzan fugas na batería, evite que o líquido
entre en contacto coa pel ou os ollos. No caso de que
se produza a mencionada fuga, lave inmediatamente
a pel ou os ollos con auga ou solicite asistencia médica.
Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos
estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga
ou outros líquidos.
O uso non axeitado da batería pode provocar un
incendio, unha explosión e outros perigos. Se deixa
caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre
unha superficie dura, e cree que a batería puido quedar
danada, envíea a un centro de servizo técnico para
revisala antes de continuar utilizándoa.
Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi
deseñada. Nunca utilice cargadores nin baterías
danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.