Instrucións de autenticación
das baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa
seguridade. Para asegurarse de que está a mercar unha
batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor
autorizado de Nokia, e leve a cabo os seguintes pasos
para comprobar se presenta a etiqueta co holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non garante
totalmente a autenticidade da batería. Se ten razóns
para pensar que a batería non é unha batería auténtica
e orixinal de Nokia, non a utilice e envíea a un
distribuidor ou ó centro de servizo técnico máis
próximo de Nokia para recibir asistencia. O distribuidor
ou o centro de servizo técnico autorizado de Nokia
inspeccionará a batería para determinar a súa
autenticidade. En caso de que non sexa posible,
devolva a batería ó establecemento de compra.