Acerca de Mapas
Ademais das funcións mencionadas na guía de usuario,
con Mapas 2.0 tamén pode mercar unha licenza para
navegación para peóns e coches e un servizo de
información de tráfico. Pode usar Mapas tanto cun GPS
interno ou un receptor de GPS externo compatible.
Cando utilice Mapas 2.0 por primeira vez, é posible que
necesite definir un punto de acceso á Internet para
descargar mapas da súa localización actual. Para
cambiar o punto de acceso máis tarde, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Internet
>
Pt. acc. predet.
(só se amosa cando está en liña).
Se desexa que a aplicación Mapas estableza unha
conexión á Internet automaticamente cando inicie a
aplicación, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Internet
>
Conectar ó inicio
>
Si
.
Para recibir unha nota cando o seu dispositivo se
rexistra nunha rede fóra da súa rede doméstica,
seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Internet
>
Aviso de itinerancia
>
Activado
(só se
amosa cando está en liña). Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos de rede para coñecer detalles e
os custos da itinerancia.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está
incompleta ata certo punto. Nunca confíe só na
cartografía descargada para utilizarse neste
dispositivo.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca
das tarifas de transmisión de datos.