Busca de mapas
A cobertura de mapas varía segundo o país.
Cando se abre a aplicación Mapas, esta aumenta co
zoom a localización gardada na última sesión. Se non
se gardou ningunha posición da última sesión, a
aplicación Mapas amplía co zoom a capital do país no
que se atopa a partir da información que o dispositivo
recibe da rede móbil. Ó mesmo tempo, descárgase o
mapa da localización, se non se descargou
previamente en sesións anteriores.
A súa localización actual
Para establecer unha conexión GPS e aumentar co
zoom a súa localización actual, seleccione
Opcións
>
A miña posición
ou prema 0 . Se o aforro de enerxía
58
Mapas
se activa mentres o dispositivo tenta establecer unha
conexión GPS, interromperase o intento.
Amosarase un indicador GPS
na pantalla.
Unha barra fai referencia a un satélite. Cando o
dispositivo tenta atopar un satélite, a barra amósase
en amarelo. Cando o dispositivo recibe bastantes datos
do satélite para establecer unha conexión GPS, a barra
vólvese verde. Cantas máis barras verdes haxa, máis
forte será a conexión GPS.
Cando a conexión GPS está activa, a súa localización
actual indícase no mapa mediante .
Mover e zoom
Para moverse polo mapa,
desprácese cara arriba,
abaixo, á esquerda ou á
dereita. O mapa está
orientado cara ó norte por
defecto. A rosa dos ventos
amosa a orientación do mapa
e xira durante a navegación
cando cambia a orientación.
Cando navega polo mapa da
pantalla, descárgase
automaticamente un mapa novo se se despraza ata
unha zona que non está incluída nos mapas xa
descargados. Estes mapas son gratuítos, pero a
descarga pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor
de servizos. Para obter máis información verbo das
tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.
Os mapas gárdanse automaticamente nunha tarxeta
de memoria compatible (se está inserida e establecida
como almacenaxe de mapas predeterminada).
Para ampliar ou reducir a imaxe, prema * ou #. Use a
barra de escala para calcular a distancia entre dous
puntos no mapa.
Axustar a vista do mapa
Para definir o sistema métrico usado nos mapas,
seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Mapa
>
Sistema de medidas
>
Métrico
ou
Imperial
.
Para definir o tipo de puntos de interese que desexa
que se amosen no mapa, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Mapa
>
Categorías
e as
categorías desexadas.
Para seleccionar se desexa que se vexan mapas no
modo 2-D, modo 3-D, como imaxe de satélite ou
híbrido, seleccione
Opcións
>
Modo mapa
>
Mapa
,
Mapa 3D
,
Satélite
ou
Híbrida
. É posible que as imaxes
de satélite non estean dispoñibles para tódalas
localizacións xeográficas.
Para definir se desexa que a vista do mapa sexa unha
vista diúrna ou unha vista nocturna, seleccione
59
Mapas
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Mapa
>
Cores
>
Modo diúrno
ou
Modo nocturno
.
Para axustar a Internet, a navegación, as rutas e a
configuración xeral do mapa, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
.