Descarga de mapas
Cando navega por un mapa na pantalla de Mapas,
descárgase automaticamente un mapa novo se se
despraza ata unha área que non se inclúe nos mapas
xa descargados. Pode ver a cantidade de datos
transferidos no contador de datos (en Kb) que se
amosa na pantalla. O contador amosa o volume do
tráfico de rede cando busca mapas, crea rutas ou busca
localizacións en liña. A descarga de datos de mapas
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de
datos a través da rede do seu fornecedor de servizos.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para
obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
Para evitar que o dispositivo descargue
automaticamente mapas a través da Internet, por
exemplo, cando se atopa fóra da súa rede móbil propia,
ou outros datos relacionados cos mapas requiridos por
servizos extra, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Internet
>
Conectar ó inicio
>
Non
.
Para definir a cantidade de espazo da tarxeta de
memoria que desexa utilizar para gardar mapas ou
ficheiros de orientación por voz, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Mapa
>
Uso máximo da
memoria
>
Uso máx. tarxeta memo.
. Esta opción
está dispoñible só cando se insire unha tarxeta de
memoria compatible e se fixa como almacenaxe de
mapas predeterminada. Se a memoria está chea, os
datos máis antigos do mapa elimínanse. Os datos dos
mapas gardados pódense eliminar mediante o
software Nokia Map Loader.
Nokia Map Loader
Nokia Map Loader é un software que pode utilizar para
descargar e instalar mapas da Internet nunha tarxeta
de memoria compatible. Pode utilizalo tamén para
descargar ficheiros de voz para a navegación detallada.
Para utilizar Nokia Maps Loader, cómpre instalalo
primeiro nun ordenador compatible. Pode descargar o
software da Internet na páxina www.nokia.com/
maps. Siga as instrucións que se amosan na pantalla.
Cómpre utilizar a aplicación Mapas e buscar mapas polo
menos unha vez antes de utilizar Nokia Map Loader.
Nokia Map Loader utiliza a información do historial de
Mapas para comprobar a versión dos datos do mapa
que debe descargar.
Despois de instalar o software no ordenador, para
descargar mapas, siga os pasos que se indican a
continuación:
1.
Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un
cable de datos USB compatible. Seleccione
60
Mapas
Almacenaxe masiva
como o modo de conexión
USB.
2.
Abra Nokia Map Loader no ordenador. Nokia Map
Loader comproba a versión dos datos do mapa que
se debe descargar.
3.
Seleccione os mapas ou ficheiros de orientación por
voz que desexe, e descargue e instáleos no
dispositivo.
Suxestión: Utilice Nokia Map Loader para gardar
tarifas de transferencia de datos móbiles.