Información do tráfico
Para mercar unha licenza dun servizo de información
de tráfico en tempo real, seleccione
Opcións
>
Extras
>
Info. tráf.
. O servizo fornece información
verbo dos eventos de tráfico que poden afectar á súa
viaxe. A descarga de servizos extra pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos a través
da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en
63
Mapas
contacto co seu fornecedor de servizos para obter
información acerca das tarifas de transmisión de datos.
Para ver información verbo dos eventos de tráfico que
poden causar retardos ou impedir que chegue ao
destino, seleccione
Opcións
>
Info. tráf.
. Os eventos
amósanse no mapa como triángulos de advertencia e
indicadores de liña. Pode empregar desvío automático
para evitalos.
Para ver máis información verbo dun evento e as
posibles opcións de desvío, prema a tecla de
desprazamento.
Para actualizar a información do tráfico, seleccione
Actualizar info. tráfico
. Para definir con que
frecuencia desexa que se actualice a información do
tráfico automaticamente, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Navegación
>
Actual.
info. tráfico
.
Para crear automaticamente unha ruta alternativa en
caso de que exista un evento de tráfico que poida
provocar retardos ou impedir que chegue ao destino,
seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Navegación
>
Desviar polo tráfico
>
Automático
.