Navegación
Para mercar un servizo de navegación Conducir &
Camiñar con orientación por voz ou só o servizo de
navegación Camiñar, seleccione
Opcións
>
Extras
>
Cond. e camiñ.
ou
Camiñar
. Pode pagar o servizo
cunha tarxeta de crédito aceptada ou pódese incluír o
seu custo na súa factura telefónica (se o seu fornecedor
de servizos de rede móbil o admite).
Servizo de navegación Conducir
Para mercar un servizo de navegación de Conducir &
Camiñar, seleccione
Opcións
>
Extras
>
Cond. e
camiñ.
.
Cando utilice o servizo de navegación Conducir por
primeira vez, solicitaráselle que seleccione o idioma da
orientación por voz e que descargue os ficheiros de
orientación por voz correspondentes ao idioma
62
Mapas
seleccionado. Tamén pode descargar os ficheiros para
a orientación por voz con Nokia Map Loader.
Vexa
"Descarga de mapas", p. 60.
Para cambiar o idioma máis tarde, na vista principal de
Mapas, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Navegación
>
Guía de voz
e un idioma,
e descargue os ficheiros de orientación por voz
correspondentes ao idioma seleccionado.
Servizo de navegación Camiñar
Para mercar un servizo de navegación Camiñar,
seleccione
Opcións
>
Extras
>
Camiñar
.
O servizo de navegación Camiñar diferénciase do
servizo de navegación Conducir en varios aspectos: A
ruta do servizo Camiñar ignora as posibles limitacións
da navegación en coche, como as rúas dun sentido
único e as prohibicións de xiro, e inclúe áreas como
zonas peonís e parques. Tamén da prioridade ás
pasarelas e estradas máis pequenas e omite autovías
e autopistas. A lonxitude dunha ruta a pé limítase a un
máximo de 50 quilómetros e a velocidade da viaxe a
un máximo de 30 km/h. Se se supera o límite de
velocidade, detense a navegación e retómase unha vez
que a velocidade volve a ser inferior ao límite.
A navegación detallada ou a orientación por voz non
están dispoñibles para o servizo de navegación
Camiñar. En cambio, unha frecha grande amosa a ruta
e unha frecha pequena situada na parte inferior da
pantalla sinala directamente o destino. A vista de
satélite só está dispoñible para o servizo de
navegación Camiñar.
Navegue ata o destino desexado
Para iniciar a navegación con GPS ata o destino
desexado, seleccione calquera situación do mapa ou
dunha lista de resultados e
Opcións
>
Conducir a
ou
Camiñar a
.
Para cambiar entre diferentes vistas durante a
navegación, desprácese á esquerda ou á dereita.
Para deter a navegación, prema
Deter
.
Para seleccionar opcións de navegación, prema
Opcións
durante a navegación. Se a navegación en
coche está activa, amósase unha vista do menú con
varias opcións.
Algunhas teclas do teclado corresponden ás opcións da
vista. Por exemplo, prema 2 para repetir unha orde por
voz, 3 para cambiar entre o modo diúrno e o modo
nocturno e 4 para gardar a localización actual.