Axustes de correo electrónico
Para utilizar o correo electrónico, cómpre dispoñer dun
punto de acceso válido á Internet (IAP) no dispositivo
e definir os axustes de correo electrónico
correctamente.
Vexa "Puntos de acceso", p. 179.
Cómpre dispoñer dunha conta de correo electrónico
individual. Siga as instrucións do seu fornecedor de
servizos da Internet e da caixa de correo remota.
Se selecciona
Nova caixa corr.
na vista principal de
Mensaxería pero non ten configurada a súa conta de
correo electrónico, solicitaráselle efectuar esta acción.
Para iniciar a definición dos axustes de correo
electrónico co asistente de correo electrónico,
seleccione
Iniciar
.
Cando crea unha nova caixa de correo, o nome que lle
asigna á mesma substitúe a Nova caixa corr. na vista
principal de Mensaxería. É posible dispoñer de ata seis
caixas de correo.