
Datos, axustes e mensaxes de
servizo web
O dispositivo pode recibir moitas clases de mensaxes
que conteñen datos, como tarxetas de visita, tons de
chamada, logotipos do operador, entradas de axenda
e notificacións de correo electrónico. Tamén pode
recibir axustes do seu fornecedor de servizos ou
información da empresa do departamento de xestión
nunha mensaxe de configuración.
Para gardar os datos da mensaxe, seleccione
Opcións
e a opción correspondente.
As mensaxes do servizo web son notificacións (por
exemplo, titulares de noticias) e poden conter unha
mensaxe de texto ou unha ligazón. Para consultar a
dispoñibilidade e subscrición, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.