Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
>
Mensaxería
.
Para poder crear mensaxes multimedia ou escribir
correos electrónicos, cómpre dispor dos
correspondentes axustes de conexión correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das
mensaxes MMS. Se a imaxe inserida excede este límite,
o dispositivo pode reducila para que se poida enviar
por MMS.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes de correo
electrónico co seu fornecedor de servizos. Se tenta
enviar unha mensaxe de correo electrónico que supere
o límite de tamaño do servidor de correo electrónico,
a mensaxe quedará no cartafol Caixa de saída e o
dispositivo intentará enviala periodicamente. Para
enviar un correo electrónico cómpre dispoñer dunha
conexión de datos e os intentos repetidos de reenviar
correos electrónicos poden aumentar a súa factura de
teléfono. No cartafol Caixa de saída, pode borrar dita
mensaxe ou movela ao cartafol Borradores.
1.
Seleccione
Nova mensaxe
>
Mensaxe
para enviar
unha mensaxe de texto ou multimedia (MMS),
Mensaxe audio
para enviar unha mensaxe
multimedia que inclúa un clip de son ou
Correo
para enviar unha mensaxe de correo electrónico.
2.
No campo Para, prema a tecla de desprazamento
para seleccionar destinatarios ou grupos dende a
lista de contactos, ou insira o número de teléfono
ou o enderezo de correo electrónico do
destinatario. Para engadir un punto e coma (;) para
separar os destinatarios, prema *.
3.
No campo Asunto, insira o asunto do correo
electrónico. Para cambiar os campos que son
visibles, seleccione
Opcións
>
Campos de
enderezo
.
4.
No campo da mensaxe, escriba a mensaxe. Para
inserir un modelo ou nota, seleccione
Opcións
>
Inserir
>
Inserir texto
>
Modelo
ou
Nota
.
5.
Para engadir un obxecto multimedia a unha
mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir
, o tipo de obxecto ou orixe e o obxecto
desexado. Para engadir unha tarxeta de visita,
diapositiva, nota ou outro ficheiro na mensaxe,
seleccione
Opcións
>
Inserir
>
Inserir outros
.
6.
Para capturar unha imaxe, ou gravar un videoclip
ou clip de son para unha mensaxe multimedia,
seleccione
Opcións
>
Inserir
>
Inserir imaxe
>
Nova
,
Inserir videoclip
>
Novo
ou
Inserir clip de
son
>
Novo
.
7.
Para engadir un anexo a un correo electrónico,
seleccione
Opcións
e o tipo de anexo. Os anexos de
correo electrónico indícanse mediante .
124
Mensaxería
8.
Para enviar a mensaxe, seleccione
Opcións
>
Enviar
ou prema a tecla Chamar.
Nota: O texto ou a icona de mensaxe enviada
que aparece na pantalla do dispositivo non indican se
se recibiu a mensaxe no destino desexado.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ó límite para as mensaxes simples. As
mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas
ou máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos
aplicará unha tarifa correspondente ó número de
mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros
signos de puntuación, e os caracteres correspondentes
a determinados idiomas ocupan máis espazo e limitan
o número de caracteres que é posible enviar nunha
mensaxe.
É posible que non poida enviar videoclips gardados con
formato .mp4 ou que superen o límite de tamaño da
rede sen fíos nunha mensaxe multimedia.
Suxestión: Pode combinar imaxes, vídeo, son e
texto nunha presentación e enviala nunha
mensaxe multimedia. Comece a crear unha
mensaxe multimedia e seleccione
Opcións
>
Inserir
>
Inserir presentación
. A opción só se
amosa se
Modo creación MMS
está axustado en
Guiado
ou
Libre
.