Entrada de texto preditivo
Coa entrada preditiva, pode inserir calquera letra
cunha soa pulsación. A entrada de texto preditivo
baséase nun dicionario incorporado ó que pode
engadir palabras novas.
1.
Para activar a entrada de texto preditivo para
tódolos editores do dispositivo, prema
rapidamente # dúas veces. Para activar ou
desactivar a entrada de texto preditivo nos axustes
xerais, prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Personalización
>
Idioma
>
Texto preditivo
.
2.
Para escribir a palabra desexada, prema as teclas
2–9. Prema cada tecla só unha vez para inserir unha
letra. Por exemplo, para escribir "Nokia" cando se
atopa seleccionado o dicionario inglés, prema 6
para inserir o N, 6 para o o, 5 para o k, 4 para o i e
2 para o a.
A suxestión da palabra cambia despois de cada
pulsación.
3.
Cando acabe de escribir a palabra correctamente,
desprácese á dereita para confirmala ou prema 0
para engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, prema * varias veces
para ver as palabras correspondentes que o
dicionario atopou unha por unha.
Se o carácter ? se amosa despois da palabra,
significa que a palabra non está no dicionario. Para
122
Mensaxería
engadir unha palabra ó dicionario, seleccione
Escribir
, insira a palabra usando a entrada de texto
tradicional e seleccione
Aceptar
. A palabra
engádese ó dicionario. Cando o dicionario está
cheo, as palabras novas substitúen ás palabras máis
antigas.
4.
Comece a escribir a seguinte palabra.