Entrada de texto tradicional
Prema unha tecla numérica (1–9) varias veces ata que
apareza o carácter desexado. Existen máis caracteres
dispoñibles para unha tecla numérica que as que
aparecen impresas na tecla.
Se a seguinte letra está localizada na mesma tecla que
a presente, agarde ata que apareza o cursor (ou
desprácese á dereita para finalizar o período de tempo
de espera) e insira a letra.
Para inserir un espazo, prema 0. Para mover o cursor á
seguinte liña, prema 0 tres veces.