Crear un nome de xogador
Pode descargar, mercar e xogar a xogos sen dispoñer
dun nome de xogador, pero recoméndase crear un. Un
nome do xogador permítelle participar na comunidade
de N-Gage, conectarse con outros xogadores e
compartir os logros acadados no seu xogo, as
recomendacións e as actualizacións. Tamén necesita
un nome de xogador para transferir os seus detalles do
perfil e puntos de N-Gage a outro dispositivo.
Cando inicie a aplicación de N-Gage e se conecte ó
servizo de N-Gage por primeira vez, pediráselle que
cree un nome de xogador de N-Gage. Pode conectarse
á rede, por exemplo, axustando a súa dispoñibilidade
mediante a selección de
Options
>
Set
Availability
>
Available to Play
.
Se xa dispón dun nome de xogador de N-Gage,
seleccione "Teño unha conta" e insira o seu nome de
usuario e contrasinal para iniciar sesión.
Para crear un nome de xogador novo:
1.
Seleccione Rexistrar conta nova.
2.
Insira a súa data de nacemento, o seu nome de
xogador desexado e contrasinal. Se o nome do
xogador xa está en uso, N-Gage suxeriralle unha
lista de nomes similares dispoñibles.
3.
Para rexistrar o seu nome de xogador, insira os seus
detalles, lea e acepte os termos e condicións e
seleccione
Register
.
Tamén pode crear o seu nome de xogador no sitio web
de N-Gage na páxina de web www.n-gage.com.
Cando teña creado un nome de xogador, edite os seus
axustes e información persoal na pestana privada en O
meu perfil.
É posible que se apliquen tarifas de transferencia de
datos pola creación dun nome de xogador no seu
dispositivo.