Axustes de web
Prema
e seleccione
Web
.
Seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das seguintes
opcións:
Axustes xerais
●
Punto de acceso
— Permite cambiar o punto de
acceso predeterminado. Algúns ou tódolos puntos
de acceso poden preestablecerse para o dispositivo
polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa
posible cambialos, crealos, editalos ou eliminalos.
●
Páxina de inicio
— Permite definir a páxina de
inicio.
●
Minimapa
— Permite activar ou desactivar o
Minimapa.
Vexa "Navegar polas páxinas", p. 34.
●
Lista de historial
— Durante a navegación, para
seleccionar
Atrás
para ver unha lista das páxinas
37
Navegador web
que visitou durante a sesión de navegación actual,
active
Lista de historial
.
●
Advertencias seguridade
— Permite ocultar ou
amosar notificacións de seguridade.
●
Script Java/ECMA
— Permite activar ou desactivar
o uso de secuencias de comandos.
Axustes de páxina
●
Cargar contido
— Permite seleccionar se desexa
cargar imaxes e outros obxectos mentres navega. Se
selecciona
Só texto
, para cargar imaxes ou obxectos
máis tarde durante a navegación, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Cargar imaxes
.
●
Tamaño da pantalla
— Permite seleccionar a vista
de pantalla completa ou a normal na lista de
opcións.
●
Codificación predeterm.
— Se os caracteres do
texto non se amosan correctamente, é posible
seleccionar outra codificación segundo o idioma da
páxina actual.
●
Bloquear fiestras emerx.
— Permite admitir ou
bloquear a abertura automática de diferentes
fiestras emerxentes mentres durante a navegación.
●
Recarga automática
— Se desexa que as páxinas
web se actualicen automaticamente durante a
navegación, seleccione
Activada
.
●
Tamaño de fonte
— Permite definir o tamaño de
fonte que desexa que se utilice nas páxinas web.
Axustes de privacidade
●
Últim. webs visitadas
— Permite activar ou
desactivar a compilación de favoritos automática.
Se desexa continuar gardando os enderezos das
páxinas web visitadas no cartafol
Últim. webs
visitadas
, pero desexa ocultar o cartafol da vista
dos favoritos, seleccione
Ocultar carpeta
.
●
Gardar datos formulario
— Se non desexa que os
datos inseridos en diferentes formularios dunha
páxina web se garden e utilicen a próxima vez que
abra a páxina, seleccione
Desactivado
.
●
Cookies
— Permite activar ou desactivar a
recepción e o envío de cookies.
Axustes de infos web
●
Actualizacións auto.
— Permite definir se desexa
que os infos web se actualicen automaticamente e
a frecuencia coa que desexa que se actualicen.
Configurar a aplicación para recuperar infos web
automaticamente pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información
acerca das tarifas de transmisión de datos.
●
Punto acceso act. auto.
— Seleccione o punto de
acceso desexado para as actualizacións. Esta opción
só está dispoñible se
Actualizacións auto.
está
activado.
38
Navegador web