Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante
unha conexión, significa que a transmisión de datos
entre o dispositivo e a pasarela da Internet ou o
servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de
datos entre a pasarela e o servidor de contidos (ou se
a localización onde se atopa almacenado o recurso
solicitado) é segura. O fornecedor de servizos protexe
a transmisión de datos entre a pasarela e o servidor de
contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de certificados
de seguridade nalgúns servizos, como os servizos de
banca. Se a identidade do servidor non é auténtica ou
se non dispón do certificado de seguridade correcto no
seu dispositivo, recibirá unha notificación. Para obter
máis información, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.