Auriculares
É posible conectar uns auriculares compatibles ó
dispositivo. Pode que necesite seleccionar o modo de
cable.
28
O dis
pos
itivo
Aviso: Cando utilice os
auriculares, é posible que a súa
capacidade para escoitar sons
do exterior se vexa afectada.
Non utilice os auriculares en
situacións nas que se poida
poñer en risco a súa seguridade.
Algúns auriculares divídense en
dúas partes: unha unidade de
control remoto e os cascos. Unha
unidade de control remoto
posúe un micrófono e teclas para
responder ou finalizar unha chamada telefónica,
axustar o volume e reproducir ficheiros de música ou
vídeo. Para utilizar os auriculares cunha unidade de
control remoto, conecte a unidade ó conector AV de
Nokia (3,5 mm) do teléfono e, a continuación, conecte
os auriculares á unidade.
Para realizar chamadas de teléfono co mans libres,
utilice auriculares cunha unidade de control remoto
compatible ou utilice o micrófono do dispositivo.
Para axustar o volume durante unha chamada, utilice
a tecla de volume situada no dispositivo ou, se estivera
dispoñible, no auricular. Algúns auriculares teñen
controis de volume multimedia que se utilizan só para
axustar o volume para a reprodución de música ou de
vídeos.
Tamén pode conectar un cable de saída de televisión
compatible ó conector AV de Nokia (3.5 mm.) do
dispositivo.
Non conecte produtos que poidan emitir sinais de
saída, xa que poderían producirse danos no
dispositivo. Non conecte ningunha fonte de tensión ó
conector AV de Nokia.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns
auriculares distintos dos autorizados por Nokia para
utilizalos con este dispositivo ó conector AV de Nokia,
preste atención especial ó nivel do volume.