Sincronizar, recuperar ou enviar
contido
Despois da primeira transferencia, seleccione unha das
seguintes opción para comezar unha transferencia
nova, dependendo do modelo do outro dispositivo:
para sincronizar contido entre o seu Nokia N79 e
o outro dispositivo, se o outro dispositivo admite a
sincronización. A sincronización é bidireccional. Se se
elimina un elemento nun dispositivo, eliminarase en
ámbolos dous. Non se poden restablecer os elementos
eliminados mediante a sincronización.
para recuperar contido do outro dispositivo para
o seu Nokia N79. Coa recuperación, o contido
transfírese dende o outro dispositivo ao seu Nokia
N79. É posible que se lle solicite que garde ou elimine
o contido orixinal no outro dispositivo, dependendo do
modelo do dispositivo.
para enviar contido dende o seu Nokia N79 ao
outro dispositivo
Se coa opción
Cambio
non se pode enviar un elemento,
dependendo de que tipo de dispositivo sexa o outro,
pode engadir o elemento á carpeta
Carpeta Nokia
en
C:\Nokia ou E:\Nokia no seu Nokia N79. Unha vez
seleccionada a carpeta que desexe transferir, os
23
O dis
pos
itivo
elementos sincronizaranse na carpeta correspondente
do outro dispositivo e viceversa.
Utilice accesos directos para repetir unha
transferencia
Despois dunha transferencia de datos, pódese gardar
un acceso directo cos axustes de transferencia na vista
principal para repetir a mesma transferencia máis
tarde.
Para editar o acceso directo, desprácese a el e
seleccione
Opcións
>
Axustes acceso directo
. Pode,
por exemplo, crear ou cambiar o nome do acceso
directo.
Despois de cada transferencia, amósase un rexistro da
transferencia. Para ver o rexistro da última
transferencia, desprácese ata un acceso directo na
vista principal e seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Manexar conflitos de transferencias
Se un elemento que se vai transferir foi editado en
ámbolos dous dispositivos, o dispositivo intentará
combinar os cambios automaticamente. Se isto non é
posible, significa que hai un conflito de transferencia.
Seleccione
Comprobar un por un
,
Priorid. para este
tfno.
ou
Priorid. para outro tfno.
para solucionar o
conflito. Para obter máis instrucións, seleccione
Opcións
>
Axuda
.