Transferir contido
Pode utilizar a aplicación
Cambio
para copiar contido
como números de teléfono, enderezos, elementos do
calendario e imaxes do seu dispositivo Nokia anterior
ao Nokia N79 mediante a conectividade Bluetooth.
O tipo de contido que se pode transferir depende do
modelo do dispositivo dende o que desexe transferir
contido. Se ese dispositivo admite a sincronización,
tamén será posible sincronizar datos entre os
dispositivos. O seu dispositivo Nokia N79 notifícalle se
o outro dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha
tarxeta SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Ao
acender o dispositivo Nokia N79 sen unha tarxeta SIM,
o perfil Desconectado actívase automaticamente e
pódese realizar a transferencia.
Transferir contido por primeira vez
1.
Para recuperar datos do outro dispositivo por
primeira vez, no seu dispositivo Nokia N79,
seleccione
Cambio
na aplicación de benvida ou
prema
e seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
>
Cambio
.
22
O dis
pos
itivo
2.
Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar
para transferir os datos. Ámbolos dous dispositivos
deben admitir o tipo de conexión seleccionado.
3.
Se selecciona a opción de Bluetooth, conecte os
dous dispositivos. Para facer que o seu dispositivo
busque dispositivos con conectividade Bluetooth,
seleccione
Continuar
. Seleccione o dispositivo
dende o que desexa transferir contido. O teléfono
solicitaralle que insira un código no seu dispositivo
Nokia N79. Insira un código (entre 1 e 16 díxitos) e
seleccione
Aceptar
. Insira o mesmo código no
outro dispositivo e seleccione
Aceptar
. Os
dispositivos están agora vinculados.
Vexa
"Vinculación de dispositivos", p. 44.
É posible que algúns dispositivos de Nokia
anteriores non inclúan aínda a aplicación Cambio.
Neste caso, a aplicación Cambio envíase ó outro
dispositivo como unha mensaxe. Para instalar a
aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a
mensaxe e siga as instrucións da pantalla.
4.
Dende o seu dispositivo Nokia N79, seleccione o
contido que desexe transferir dende o outro
dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e
continuar máis tarde.
O contido transfírese dende a memoria do outro
dispositivo á localización correspondente do seu
dispositivo Nokia N79. O tempo da transferencia
depende da cantidade de datos que se teñan que
transferir.